martes, 26 de junio de 2012

I CONCURSO INFANTIL DE CARTEIS

O Clube Mariño A Reiboa, coa colaboración do Concello de Poio, organiza un concurso infantil de carteis para a XVII Concentración de Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebra os días 24, 25 e 26 de agosto.
Poden participar rapaces entre 4 e 12 anos, a temática será o mar e as embarcacións tradicionais, os traballos en formato A4 pódense presentar no enderezo
CM Mariño A Reiboa - Avenida A Seca 17 - 36994 - Poio ou ben no correo cmreiboa@gmail.com


As bases pódense descargar dende este enlace







No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada