lunes, 17 de noviembre de 2014

O XII Encontro xa ten web



Xa está opertiva a web do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en Cabro de Cruz os días 9, 10, 11 e 12 de xullo do ano 2015.

A web ainda ten pouco contido, pero xa se pode acceder a ela pinchando na imaxe ou na ligazóns seguintes

Xa é posible inscribir embarcacións para o Encontro. Canto antes se faga máis se facilita o traballo da organización para distribuir os amarres.
Imágenes integradas 9

http://www.encontrocabo2015.org/

martes, 19 de agosto de 2014

PROGRAMA DA XIX CONCENTRACIÓN

Xa temos pechado o programa para a XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais.

VENRES 22 DE AGOSTO
 17:00 H Arribada das embarcacións durante a tarde
 21:30 H Apertura do comedor na carpa mariñeira
 22:00 H Proxección do documental “Cadernas da memoria”
 22:30 H Concerto de Cantareiras Madia Leva

 SABADO 23 DE AGOSTO
 10:45 H Reunión de Patróns
 11:15 H Navegación libre
 Concerto en Sesión vermú a cargo de Baking Blues Band na Carpa Mariñeira
 14:00 H Apertura do comedor na carpa mariñeira
 16:15 H Reunión previa á regata da Pamplina
 16:30 H Regata a remos de embarcacións tradicionais
 17:30 H IX Regata da Pamplina (Regata de embarcaciós tradicionais a vela)
 21:00 H Entrega de premios das regatas, do concurso de carteis e do premio “A Reiboa” 2014
 21:30 H Apertura do comedor na carpa mariñeira

 DOMINGO 24 DE AGOSTO
 11:15 H Reunión de patróns
 11:30 H Navegación libre
 Concerto en Sesión vermú a cargo de Lákazanz na Carpa Mariñeira
 14:00 H Apertura do comedor na carpa mariñeira
 16:30H Clausura da concentración e despedida das embarccións ao longo da tarde


martes, 5 de agosto de 2014

XIX Concentración de Embarcacións


Xa está en marcha a 19ª edición da Concentración de Embarcacións Tradicionais que cada ano organiza o CM A Reiboa en Combarro-Poio.

A edición deste ano será os días 22, 23 e 24 de agosto.

Como sempre teremos cea e xantar para as tripulacións das embarcacións participantes,

Teremos a regata da Pamplina o sábado.

Cando teñamos pechado o programa publicarémolo aquí e no facebook do club https://www.facebook.com/AReiboa

Se queres participar coa túa embarcación podes facelo cubrindo esta solicitude e remitíndoa ao correo cmreiboa@gmail.com

Folla de inscrición .doc

Folla de inscrición .pdf

lunes, 31 de marzo de 2014

DE BEN NACIDOS....

A pesares do certo pesar que temos por non ser os escollidos para organizar o XII Encontro, non podíamos esquecernos de dar as grazas a todas aquelas entidades que nos apoiaron para a presentación da candidatura.

Dende estas liñas queremos reconocerlles o apoio prestado:

Á corporación municipal de Poio, polo seu apoio unánime
Confraría de pescadores San Gregorio de Raxó
Confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra
 Porto Deportivo de Combarro
AMECOMRA
AVV Boureante
Asociacion A Solaina
Asociación Armadiña
Mare Podium
Amigos da Dorna de Portonovo
Asociación Os Galos de Bueu
GC Ronsel de Marín
Gremio de Mareantes de Pontevedra
GREMMAR
RCM de Aguete
Concello de Pontevedra

Grazas a todos pola vosa disposición a colaborar en levar adiante algo tan complexo como era organizar un Encontro.



domingo, 30 de marzo de 2014

O XII ENCONTRO SERÁ EN CABO

A asamblea da FGCMF decidiu esta tarde que o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia se celebre en Cabo de Cruz (Boiro)




A Xunta Directiva do CM A Reiboa estivo prácticamente ao completo en Cambados para defender a candidatura do Clube, creemos que presentamos o mellor proxecto posible e que fixemos a mellor defensa que fomos capaces, pero non abondou para convencer á asamblea de que nos escollese.

A votación con un resultado de 16-6 deixaba claro que no 2015 navegaríamos por augas de Cabo de Cruz.

Dende aquí queremos felicitar á Asocación Gamela de Cabo de Cruz  polo seu proxecto e desexamos que os ventos lles sexan favorables na travesía.

Así mesmo dende xa confirmamos a presencia dos barcos do CM A Reiboa nas augas de Cabo no verán do 2015

sábado, 22 de marzo de 2014

XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Candidatura

Na última asamblea xeral do Club, decidiuse presentar candidatura para a celebración do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no ano 2015. 





A motivación principal para que nos animásemos a presentar esta candidatura é que no ano 2015 cumpliranse 20 anos da Concentración de Embarcacións Tradicionais que organizamos en Combarro. A mellor forma de celebrar 20 anos de compromiso coa cultura marítima pareceunas que era traer a Combarro a maior concentración de embarcacións deste tipo que se celebra en toda España.


 A candidatura que presentamos ten como fío conductor a reinvindicación da chalana, a embarcación máis sinxela da nosa costa, ás veces esquecida en favor doutras máis emblemáticas como as dornas.
O proxecto presentado non esquece cuestións medioambientais, progamando acutacións de recuperación e posta en valor da Illa de Tambo.

Este é un proxecto que pretende así mesmo integrar a todolos sectores que viven o mar, tanto profesionalmente como os que non, demostrando que é o que nos une. A candidatura conta co respaldo unánime da corporación municipal de Poio, co apoio de todas as entidades que teñen concesións de lámina de auga no Porto de Combarro (Porto deportivo, Confrarías San Telmo e San Gregorio e AMECOMRA), así como da maioría de asociacións da cultura tradicional da Ría de Pontevedra e, por suposto, co total apoio e colaboración de asociacións culturais e veciñas do concello (Boureante, Armadiña, A Solaina,...)
Pero non somos a única candidatura,  a Asociación Gamela de Cabo de Cruz no concello de Boiro, presentou candidatura para este mesmo encontro, e será a asamblea xeral da FGCMF a que decida qué porto acollerá o XII Encontro.

O próximo día 29 en Cambados a Xunta Directiva do CM A Reiboa defenderá a candidatura de Combarro-Poio tentando convencer ás máis de 40 asociacións da FGCMF que a nosa é a mellor opción para o XII Encontro.