jueves, 27 de junio de 2013

O Clube Mariño A Reiboa, coa colaboración do Concello de Poio, organiza un concurso infantil de carteis para a XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebra os días 26,27 e 28 de xullo
Poden participar rapaces entre 4 e 12 anos, a temática será o mar e as embarcacións tradicionais, os traballos en formato A4 pódense presentar no enderezo
CM A Reiboa - Avenida A Seca 17 - 36994 - Poio ou ben no correo cmreiboa@gmail.com


 As bases do concurso poden consultarse na seguinte ligazón

miércoles, 5 de junio de 2013

A Reiboa no carro

Este ano tócalle pasar polo carro á dorna de tope.

Dende hai uns días xa se está a traballar nela


O traballo, ás veces, require de posturas "delicadas"




Unha das melloras que recibe a dorna é este motor tan ben repasado, impresionante o traballo dos nosos mecánicos


Ao longo desta semana está programado traballar todos os días entre as 18:00 e as 21:00, o barco está no lugar habitual de traballo, se queres botar unha man toda axuda é ben recibida