Barcos do Clube

LUISA
Galeón, propiedade da AVV Boureante, cedido á Reiboa. É o noso "buque insignia". Foi cedido á Boureante polo seu anterior dono que o fixo nos anos 80 para recuperala navegación deste tipo de barcos. Durante moitos anos foi dos barcos máis grandes nos Encontros de Embarcación Tradicionais


Máis información sobre os galeóns na web               


  onde se poden atopar fotos de outros galeón e, por suposto, do Luisa



A BOUREANTE 

Buceta de Muros, propiedade da AVV Boureante, cedido á Reiboa. Foi construída nos Estaleiros Amado de O Freixo-Outes. Aparella vela latina, como corresponde a estas embarcacións cando son utilizadas nos fondos das rías

 
A REIBOA

Dorna de tope, propiedade do Clube Mariño A Reiboa. É a máis recente incorporación á flota. Foi construída dentro do programa "Desafío a Tope" da FGCMF e coa subvención da Deputación de Pontevedra