viernes, 30 de diciembre de 2011

TODOS CUMPRIMOS CO ENCONTRO MENOS O CONCELLO

Todos cumprimos co Encontro menos o Concello. Este foi o lemo co que membros da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial se plantaron no pleno do Concello de Vilagarcía do día 29.

Foto do Faro de Vigo http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/12/30/fole-vuelve-ignorar-encontros/610135.html


Tamen no Diario de Arousa se facían eco da nova acompañando a seguinte fotografía

http://www.diariodearousa.com/hoy/vilagarcia/vilagarcia011.html

Reiteramos dende aquí o noso apoio a todas as iniciativas da Federación tal e como expresamos na anterior entrada do blog

viernes, 23 de diciembre de 2011

FGCMF-Concello Vilagarcía de Arousa

En relación coas discrepancias entre o Concello de Vilagarcía e a Federación pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a Xunta Directiva do Clube Mariño A Reiboa quere expresar a súa total adhesión ás teses que defende a FGCMF.

A organización do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia foi encomendada á Asociación Rompetimóns, de Carril, e ao Concello de Vilagarcía despois de que o pleno, por unanimidade aprobase a solicitude á FGCMF. O goberno actual, como membro daquela corporación, votou a favor da organización en Carril do X Encontro.

A resposta do Concello de Vilagarcía ás solicitudes da FGCMF non nos parecen axustadas á realidade dos feitos e ainda menos cando se usan os convenios entre a Asociación Rompetimóns e o Concello de Vilagarcía como excusa para non asumir os compromisos do Concello co comité organizador do X Encontro.

Os compromisos do Concello de Vilagarcía, asinados ou verbais, a súa implicación como membro do comité organizador, e os problemas xerados pola falta de cumplimento dos mesmos debe ser asumida pola nova corporación. Lóxicamente, débense buscar as fórmulas axeitadas para conseguir un resultado o máis beneficioso posible para todolos membros do comité organizador

Desexamos que se atope unha solución rápida e viable, mentres tanto brindamos todo o noso apoio á FGCMF e a Rompetimóns nestes momentos tan delicados para ambos.

Declaracións na prensa do Alcade de Vilagarcía 13-12-2011



sábado, 3 de diciembre de 2011

ONS

Fantástico documento da vida, a pesca e a navegación en Ons nos anos 60, narrado por Staffan Morling. Ainda que para moitos xa será coñecido, para outros será a primeira vez que o vexades, merece a pena.

Ons.Mörling from diego torres f. on Vimeo.

Staffan Mörling, un joven antropólogo sueco desembarca en Galicia en los años 70. Y no en una capital de provincia, si no en una pequeña comunidad isleña como Ons con el objetivo de estudiar la embarcación tradicional de la zona, la dorna. Una antigua embarcación vikinga. Staffan se enamora de una isleña y de la vida en la isla, y convence a su hermano cinematógrafo para viajar a rodar un documento antropológico transcendente.


jueves, 1 de diciembre de 2011

CURSOS DE TITULACIÓNS NAUTICAS

Como ven sendo habitual nos últimos anos o Clube Mariño A Reiboa, organiza cursos para a preparar os exames das titulacións nauticas de lecer.
Nesta ocasion centrámonos nas titulacións de Patrón de Embarcacións de Lecer e Patrón de Iate




A data límite para inscribirse é o 20 de decembro e podedes solicitar máis información no correo do clube cmreiboa@gmail.com

lunes, 14 de noviembre de 2011

A Reiboa na revista Argo

Xa está dispoñible o pdf do número 10 da revista Argo, publicada polo Museu Maritim de Barcelona. Na páxina 15 deste número fanse eco da botadura da dorna de tope "A Reiboa".
Aquí tendes o enlace ao documento

 http://www.mmb.cat/img/admin/noticies/arxiu_70_1.pdf

martes, 30 de agosto de 2011

Fotos da XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais

Xa van chegando ao noso correo fotos da Concentración que celebramos o fin de semana pasada.

As deste album son de Luis Losa.



Si tendes fotos ou videos e queredes que os publiquemos podédesnolos mandar ao enderezo do club cmreiboa@gmail.com



lunes, 29 de agosto de 2011

VIDEOS DA FESTA DO MAR

A saida a navegar dos rapaces do curso de vela



O tipo do hidroavión que nolo fixo pasar fatal



A regata de remo



A Regata da Pamplina







nestes videos temos os incidentes nos que nos vimos envoltos cos barcos do clube, a abordaxe entre a Jatiña e A Reiboa, e lío que se formou na boia de terra no que nos vimos implicados co Luisa.




viernes, 1 de julio de 2011

ESTAMOS EN CARRIL


Hoxe os barcos do Clube chegaron a Carril.

O día 22 deixábamos os barcos en Vilaxoán logo dunha travesía algo accidentada, na que non faltaron motores requentes, remolques e auga a esgalla no Luisa. Neste video podedes ver as condicións nas que fixemos a viaxe




Durante os días 25 e 26 celebráronse en Vilaxoan as xornadas previas e hoxe inaugurábase en Carril o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e os nosos barcos non podían faltar.

Con un vento duro do norte que fixo que outros barcos máis grandes tivesen complicado entrar na dársena de Carril, case cando se facía o izado das velas chegaban a Carril o Luisa patroneado por Pepe



e A Reiboa con Paco á cana, que amarraba antes de que lle puidese facer unha foto navegando




Estes días en Carril navegaremos, falaremos dos nosos barcos, cantaremos, disfrutaremos da compaña dos amigos doutras asociacións, ...., pero sobre todo seguiremos reinvindicando que os barcos tradicionais son cultura, pratrimonio, bens de todos que debemos preservar e recuperar para que as vindeiras xeracións sepan de onde veñen







viernes, 17 de junio de 2011

O LUISA VOLTA PARA O PANTALAN


Hai uns dias o Luisa deixaba o carro e volvía ao seu sito no pantalán da Chousa

Últimos retoques


Preparando o travel



Voando colgado



Case na auga


De volta no amarre


Moitas gracias a todos aos que viñéchedes a traballar estes días no Luisa, un fermoso traballo.

lunes, 13 de junio de 2011

PROMOCIONA O X ENCONTRO

Apoia o Encontro na Rede


O X Encontro non dispón de suficiente orzamento para promoción nos medios de comunicación. Precisamos que todos os que apoien o Encontro fagan o posible e o imposible por anuncialo. 


Propoñémosvos:


Banners: no web do Encontro hai unha <a href="http://www.carril2011.es/X-Encontro-de-Embarcacions-Tradicionais-de-Galicia/gal/promocion.php">páxina de banners</a> de diferentes tamaños e formas que poderedes usar libremente. Atoparedes a nova cabeceira deste blog e outros como estes













Facebook: difundir o web e as noticias do X Encontro
Twitter: difundir o web e as noticias do X Encontro. Usar o hashtag #XEncontro
Correo: enviar un correo a todos os teus colegas.
Foros:    invitar aos membros dos foros náuticos nos que participes a asistir ao Encontro. Difundir noticias sobre o Encontro
        invitar aos membros dos foros de fotografía nos que participes a asistir ao Encontro. Difundir noticias sobre o Encontro
        invitar aos membros dos foros de modelismo nos que participes a asistir ao Encontro. Difundir noticias sobre o Encontro
        invitar aos membros dos foros de turismo nos que participes a asistir ao Encontro. Difundir noticias sobre o Encontro
        invitar aos membros dos foros musicais nos que participes a asistir ao Encontro. Difundir noticias sobre o Encontro
        invitar aos membros dos foros de artesanía nos que participes a asistir ao Encontro. Difundir noticias sobre o Encontro
Medios de comunicación: participar nos comentarios relacionados co mundo do mar/turismo/fotografía/artesanía,/etc. animando a asistir ao Encontro


Toda a axuda é pouca

jueves, 9 de junio de 2011

OS TRABALLOS AVANZAN

Os traballos no Luisa avanzan, e logo do profundo decapado, o casco e pau están case listos

Este e o aspecto do casco a falta de rematar os detalles




A cuberta, recibiu a primeira capa de lasur cor carballo, e pinta así de espectacular


Mentres o pau, xa tratado co mesmo lasur que a cuberta, recibía os obenques, drizas, etc



Ainda queda traballo, pero menos

sábado, 4 de junio de 2011

CANDO AOS DE POIO LLES ENTRA O NERVIO

Eu que non son de Poio non deixo de sorprenderme co que pasa cando aos de Poio lles entra o nervio. A semana pasada subíamos o Luisa o carro para o mantemento anual.
Pois resulta que a estes de Poio éntralles o nervio e aquelo de"facemos un choiño de nada, arreglar una tabliña da regala, rascar e pintar, e darlle tratamento á cuberta", convírtese en esto

O Luisa coa obra morta totalmente decapada, lixado completo, duas capas de Xylamon,....

O pau desmontado, Paco xa lle meteu uns tacos ás anillas e nun par de días listo para montar

Ainda queda traballo por diante, hai que lixar a cuberta, pintar toda a obra morta, dar patente....

Esperamos telo no mar esta semana que ven, que tanta nortada non lle senta ben aos barcos en terra.

Xa sabedes, todas as mans son benvidas, que hai moito choio cando aos de Poio lles entra o nervio ;-)

jueves, 26 de mayo de 2011

O LUISA ESTÁ NO CARRO

O luns pasado subise o Luisa ao carro con vista a facer os traballos de mantemento e posta a punta de cara ao verán e ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicicia, Carril 2011.


Comenzaremos a traballar no galeón o xoves, o horario de traballo será:

Entre semana a partir das 18:30
O sábados a partir das 10:30

Todas as mans serán ben recibidas


miércoles, 27 de abril de 2011

NOVO CALENDARIO DE ACHIQUES

Trala última asemblea do Club e de acordo ao que se dispón no regulamento interno aprobado na mesma, modificouse o calendario de achiques/baldeos, que queda da seguinte maneira

Calendario achiques NUEVO 2011-2012


No caso de que estedes interesados en colaborar nestas tarefas de mantemento contactade a través do correo do clube

lunes, 18 de abril de 2011

A REIBOA NA TVG

Logo dos actos para celebrala botadura da dorna de tope e da cesión dun pantalán de embarcacións tradicioais, recibimola chamada da TVG que estaban interesados en gravar aos barcos. Así esa tarde saiuse a navegar e esa noite emitíase esta pequena reportaxe

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Os erros como confundir os bances coas cuadernas, ben se lle perdoan con tal de ver recoñecido o esforzo de tantos que fixeron posible ter este fermoso barco navegando na Ría de Pontevedra

jueves, 7 de abril de 2011

ESTREAMOS PANTALAN

Durante a fin de semana do 2-3 de abril mudamos os barcos do club e a maioría dos barcos dos socios dende as instalacións do porto deportivo de Combarro (combarromar) á nosa nova casa, o pantalán para embaracións tradicionais do peirao da Chousa. Este pantalán ven de ser cedido por Portos de Galicia ao Clube Mariño A Reiboa para dar cabida á flota de embarcacións tradicionais.



Neste momento podemos ver no pantalán, cinco dornas, unha gamela de Coruxo, unha buceta de Muros, unha dorna de tope e un galeón. En breve incorporarase a dorna Manuela que falta por trasladar dende Combarromar.


Como toda mudanza este traslado está cheo de ilusións pero tamén de tristura e de agradecemento aos que foron os nosos anfitrións nos últimos anos. Dende estas liñas a directiva do C.M. A Reiboa quere facer público o agradecemento a Combarromar, aos seus directivos e a todo o persoal do porto. Así a ligazón a Combarromar seguirá entre os presentes neste blog, e esperamos seguir colaborando con Combarromar durante moito tempo. Gracias.

Como se pode ver nas fotos a dorna de tope “A Reiboa” xa está a carón do Luisa no pantalán novo. O día 25 de marzo pola mañán fixo a viaxe de estrea entre O Grove e Combarro, unha viaxe dunhas cinco horas nas que Pepe e Paco puideron comprobar as bondades no novo barco. Con unha escora inicial pronunciada da a impresión de que non vai a aguantar moito vento, pero pronto atopa a sua escora ideal, aséntase, e aguanta moito máis vento do esperado, si ben parece necesario embarcar unha tripulación máis numerosa. Con tres ou catro tripulantes a bordo debería responder aínda mellor do que o fixo.

O punto negativo foi que o venres mentres continuában afinando a posta a punto da dorna, o pao da Reiboa dixo basta e tronzou. Xa temos outro en preparación, pero contabamos con seguir probando e aprendendo deste fantástico barco, pero imos ter que esperar un pouco.

martes, 22 de marzo de 2011

ASEMBLEA XERAL

Recordámosvos que está convocada a asemblea xeral ordinaria do club para o próximo venres día 25 de marzo ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria.

Celebrarase na Escola do Campo de Combarro.

lunes, 7 de febrero de 2011

A DORNA DE TOPE XA ESTA NA AUGA

A dorna de tope "A Reiboa" xa está no seu medio, o mar. Estes días no Grove baixarona ó mar para facerlle as derradeiras probas e postas a punto antes da súa botadura oficial.



 

Acompañada dun galeón, do Miñaminiña e flotando ó carón do Raquel C, non podía ter mellores testemuñas dos seus "primeiros pasos"



Esperamos que pronto esté en Combarro.

NOTA: Pódense ver máis fotos na sección "Barcos do Clube"