O Clube

 A HISTORIA

O Clube Mariño “A Reiboa” nace no mes de marzo de 2001 no Concello de Poio. A creación deste colectivo ten a súa orixe na demanda por parte dun grupo de xente, dun ente dinamizador das actividades vencelladas ó patrimonio marítimo, e con especial atención ós barcos tradicionais.
O termo “A Reiboa” vén do nome que se lle daba a unha zona situada no Concello de Poio, hoxe convertida
en recheo. Aquel lugar, onde houbo unha praia típica de fondo de ría, era entrañable para os veciños, xa que
noutrora era onde os mariñeiros varaban as súas embarcacións, ademáis de ser a zona onde se acudía a tomar os baños no tempo de verán.
Os precedentes do Clube están na Asociación de Veciños “Boureante”, na que un grupo de compoñentes estivo traballando dende 1996 na recuperación de barcos tradicionais, así como no espallamento da cultura marítima.
Os froitos dese traballo foron aumentando tanto como o número das persoas interesadas máis que nada nas actividades mariñas. Deste xeito veu a necesidade da creación dun Clube Mariño no Concello
de Poio.
Estracto da Revista dos V Encontros de EmbarcaciónsTradicionais de Galicia celebrados en Poio no ano 2001, pódese descargar neste enlace


AS ACTIVIDADES 

Ó longo destes anos o CM A Reiboa ven desenvolvendo actividades moi variadas na defensa e difusión do patrimonio marítimo e das embarcacións tradicionais. 
Prográmanse exposicións, charlas, cursos de vela tradicional, pero A Reiboa tamén colabora con outras entidades e administracións en todo o que está ó seu alcance, así no 2010 vense de participar no Día de Colón en Combarro e na Feira Franca en Pontevedra a onde se desprazaron 3 embarcacións de socios e onde se montou unha recreación dunha carpintería de ribeira. 
Pero, sin dúbida, a actividade más coñecida é a Concentración de Embarcacións Tradicionais que se celebra anualmente en Combarro, e que é dos que máis embarcacións reúne en toda Galicia.
Neste video pódense ver as embarcacións que acodiron no ano 2009



Neste outro podemos ver o ambiente que reinaba na Concentración de Embarcacións Tradicionais do 2010






Dende prácticamente o seu inico o CM A Reiboa participa nos Encontros de Embarcacións Tradicionais que cada dous anos organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, onde, durante moito tempo,  O Luisa foi dos barcos meirande da flota, sendo ainda hoxe un dos máis apreciados.