Tamen no Diario de Arousa se facían eco da nova acompañando a seguinte fotografía
Reiteramos dende aquí o noso apoio a todas as iniciativas da Federación tal e como expresamos na anterior entrada do blog
Ons.Mörling from diego torres f. on Vimeo.
Staffan Mörling, un joven antropólogo sueco desembarca en Galicia en los años 70. Y no en una capital de provincia, si no en una pequeña comunidad isleña como Ons con el objetivo de estudiar la embarcación tradicional de la zona, la dorna. Una antigua embarcación vikinga. Staffan se enamora de una isleña y de la vida en la isla, y convence a su hermano cinematógrafo para viajar a rodar un documento antropológico transcendente.Durante a fin de semana do 2-3 de abril mudamos os barcos do club e a maioría dos barcos dos socios dende as instalacións do porto deportivo de Combarro (combarromar) á nosa nova casa, o pantalán para embaracións tradicionais do peirao da Chousa. Este pantalán ven de ser cedido por Portos de Galicia ao Clube Mariño A Reiboa para dar cabida á flota de embarcacións tradicionais.
Neste momento podemos ver no pantalán, cinco dornas, unha gamela de Coruxo, unha buceta de Muros, unha dorna de tope e un galeón. En breve incorporarase a dorna Manuela que falta por trasladar dende Combarromar.
Como toda mudanza este traslado está cheo de ilusións pero tamén de tristura e de agradecemento aos que foron os nosos anfitrións nos últimos anos. Dende estas liñas a directiva do C.M. A Reiboa quere facer público o agradecemento a Combarromar, aos seus directivos e a todo o persoal do porto. Así a ligazón a Combarromar seguirá entre os presentes neste blog, e esperamos seguir colaborando con Combarromar durante moito tempo. Gracias.
Como se pode ver nas fotos a dorna de tope “A Reiboa” xa está a carón do Luisa no pantalán novo. O día 25 de marzo pola mañán fixo a viaxe de estrea entre O Grove e Combarro, unha viaxe dunhas cinco horas nas que Pepe e Paco puideron comprobar as bondades no novo barco. Con unha escora inicial pronunciada da a impresión de que non vai a aguantar moito vento, pero pronto atopa a sua escora ideal, aséntase, e aguanta moito máis vento do esperado, si ben parece necesario embarcar unha tripulación máis numerosa. Con tres ou catro tripulantes a bordo debería responder aínda mellor do que o fixo.