Nestas datas o CM
A Reiboa estaría traballando arreo para a organización da XXV Concentración de
Embarcacións Tradicionais de Combarro-Poio, pero este ano 2020 é excepcional, e
non como a nós nos gustaría.
As condicións que nos deixa a pandemia da COVID-19
fixeron que nos tivésemos que replantear a situación.
Para nos a Concentración
que organizamos anualmente é algo máis que simplemente unha xuntanza de barcos,
é un lugar de encontro coas persoas que manteñen vivas as embarcacións e as
tradicións mariñeiras de Galicia. Temos amigos aos que, en moitos casos,
recibimos de ano en ano cada agosto e aos que so vemos nos días da
concentración.
Deste xeito, organizar a concentración, e ademais unha tan
sinalada como a vixésimo quinta, con medidas de distanciamento, uso obrigatorio
de máscaras etc íanos impedir desfrutar do importante, que é o contacto humano,
a amizade e o compañeirismo.
Polo tanto, non
vimos outra opción que adiar a XXV Concentración de Embarcacións Tradicionais
para o vindeiro ano.
No 2021 estaremos con ánimos e forzas renovados
xuntándonos con embarcacións e tripulacións de media Galicia e Portugal como
cada ano.
Saúde e vento