En  relación coas discrepancias entre o Concello de Vilagarcía e a  Federación pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a Xunta Directiva do  Clube Mariño A Reiboa quere expresar a súa total adhesión ás teses que  defende a FGCMF.
A  organización do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia foi  encomendada á Asociación Rompetimóns, de Carril, e ao Concello de  Vilagarcía despois de que o pleno, por unanimidade aprobase a solicitude  á FGCMF. O goberno actual, como membro daquela corporación, votou a  favor da organización en Carril do X Encontro.
A  resposta do Concello de Vilagarcía ás solicitudes da FGCMF non nos  parecen axustadas á realidade dos feitos e ainda menos cando se usan os  convenios entre a Asociación Rompetimóns e o Concello de Vilagarcía como  excusa para non asumir os compromisos do Concello co comité organizador  do X Encontro. 
Os  compromisos do Concello de Vilagarcía, asinados ou verbais, a súa  implicación como membro do comité organizador, e os problemas xerados  pola falta de cumplimento dos mesmos debe ser asumida pola nova  corporación. Lóxicamente, débense buscar as fórmulas axeitadas para  conseguir un resultado o máis beneficioso posible para todolos membros  do comité organizador
Desexamos  que se atope unha solución rápida e viable, mentres tanto brindamos  todo o noso apoio á FGCMF e a Rompetimóns nestes momentos tan delicados  para ambos.
Declaracións na prensa do Alcade de Vilagarcía 13-12-2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario