viernes, 1 de julio de 2011

ESTAMOS EN CARRIL


Hoxe os barcos do Clube chegaron a Carril.

O día 22 deixábamos os barcos en Vilaxoán logo dunha travesía algo accidentada, na que non faltaron motores requentes, remolques e auga a esgalla no Luisa. Neste video podedes ver as condicións nas que fixemos a viaxe




Durante os días 25 e 26 celebráronse en Vilaxoan as xornadas previas e hoxe inaugurábase en Carril o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e os nosos barcos non podían faltar.

Con un vento duro do norte que fixo que outros barcos máis grandes tivesen complicado entrar na dársena de Carril, case cando se facía o izado das velas chegaban a Carril o Luisa patroneado por Pepe



e A Reiboa con Paco á cana, que amarraba antes de que lle puidese facer unha foto navegando




Estes días en Carril navegaremos, falaremos dos nosos barcos, cantaremos, disfrutaremos da compaña dos amigos doutras asociacións, ...., pero sobre todo seguiremos reinvindicando que os barcos tradicionais son cultura, pratrimonio, bens de todos que debemos preservar e recuperar para que as vindeiras xeracións sepan de onde veñen







No hay comentarios:

Publicar un comentario