Durante a fin de semana do 2-3 de abril mudamos os barcos do club e a maioría dos barcos dos socios dende as instalacións do porto deportivo de Combarro (combarromar) á nosa nova casa, o pantalán para embaracións tradicionais do peirao da Chousa. Este pantalán ven de ser cedido por Portos de Galicia ao Clube Mariño A Reiboa para dar cabida á flota de embarcacións tradicionais.
Neste momento podemos ver no pantalán, cinco dornas, unha gamela de Coruxo, unha buceta de Muros, unha dorna de tope e un galeón. En breve incorporarase a dorna Manuela que falta por trasladar dende Combarromar.
Como toda mudanza este traslado está cheo de ilusións pero tamén de tristura e de agradecemento aos que foron os nosos anfitrións nos últimos anos. Dende estas liñas a directiva do C.M. A Reiboa quere facer público o agradecemento a Combarromar, aos seus directivos e a todo o persoal do porto. Así a ligazón a Combarromar seguirá entre os presentes neste blog, e esperamos seguir colaborando con Combarromar durante moito tempo. Gracias.
Como se pode ver nas fotos a dorna de tope “A Reiboa” xa está a carón do Luisa no pantalán novo. O día 25 de marzo pola mañán fixo a viaxe de estrea entre O Grove e Combarro, unha viaxe dunhas cinco horas nas que Pepe e Paco puideron comprobar as bondades no novo barco. Con unha escora inicial pronunciada da a impresión de que non vai a aguantar moito vento, pero pronto atopa a sua escora ideal, aséntase, e aguanta moito máis vento do esperado, si ben parece necesario embarcar unha tripulación máis numerosa. Con tres ou catro tripulantes a bordo debería responder aínda mellor do que o fixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario