miércoles, 27 de abril de 2011

NOVO CALENDARIO DE ACHIQUES

Trala última asemblea do Club e de acordo ao que se dispón no regulamento interno aprobado na mesma, modificouse o calendario de achiques/baldeos, que queda da seguinte maneira

Calendario achiques NUEVO 2011-2012


No caso de que estedes interesados en colaborar nestas tarefas de mantemento contactade a través do correo do clube

lunes, 18 de abril de 2011

A REIBOA NA TVG

Logo dos actos para celebrala botadura da dorna de tope e da cesión dun pantalán de embarcacións tradicioais, recibimola chamada da TVG que estaban interesados en gravar aos barcos. Así esa tarde saiuse a navegar e esa noite emitíase esta pequena reportaxe

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Os erros como confundir os bances coas cuadernas, ben se lle perdoan con tal de ver recoñecido o esforzo de tantos que fixeron posible ter este fermoso barco navegando na Ría de Pontevedra

jueves, 7 de abril de 2011

ESTREAMOS PANTALAN

Durante a fin de semana do 2-3 de abril mudamos os barcos do club e a maioría dos barcos dos socios dende as instalacións do porto deportivo de Combarro (combarromar) á nosa nova casa, o pantalán para embaracións tradicionais do peirao da Chousa. Este pantalán ven de ser cedido por Portos de Galicia ao Clube Mariño A Reiboa para dar cabida á flota de embarcacións tradicionais.



Neste momento podemos ver no pantalán, cinco dornas, unha gamela de Coruxo, unha buceta de Muros, unha dorna de tope e un galeón. En breve incorporarase a dorna Manuela que falta por trasladar dende Combarromar.


Como toda mudanza este traslado está cheo de ilusións pero tamén de tristura e de agradecemento aos que foron os nosos anfitrións nos últimos anos. Dende estas liñas a directiva do C.M. A Reiboa quere facer público o agradecemento a Combarromar, aos seus directivos e a todo o persoal do porto. Así a ligazón a Combarromar seguirá entre os presentes neste blog, e esperamos seguir colaborando con Combarromar durante moito tempo. Gracias.

Como se pode ver nas fotos a dorna de tope “A Reiboa” xa está a carón do Luisa no pantalán novo. O día 25 de marzo pola mañán fixo a viaxe de estrea entre O Grove e Combarro, unha viaxe dunhas cinco horas nas que Pepe e Paco puideron comprobar as bondades no novo barco. Con unha escora inicial pronunciada da a impresión de que non vai a aguantar moito vento, pero pronto atopa a sua escora ideal, aséntase, e aguanta moito máis vento do esperado, si ben parece necesario embarcar unha tripulación máis numerosa. Con tres ou catro tripulantes a bordo debería responder aínda mellor do que o fixo.

O punto negativo foi que o venres mentres continuában afinando a posta a punto da dorna, o pao da Reiboa dixo basta e tronzou. Xa temos outro en preparación, pero contabamos con seguir probando e aprendendo deste fantástico barco, pero imos ter que esperar un pouco.

martes, 22 de marzo de 2011

ASEMBLEA XERAL

Recordámosvos que está convocada a asemblea xeral ordinaria do club para o próximo venres día 25 de marzo ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria.

Celebrarase na Escola do Campo de Combarro.

lunes, 7 de febrero de 2011

A DORNA DE TOPE XA ESTA NA AUGA

A dorna de tope "A Reiboa" xa está no seu medio, o mar. Estes días no Grove baixarona ó mar para facerlle as derradeiras probas e postas a punto antes da súa botadura oficial.



 

Acompañada dun galeón, do Miñaminiña e flotando ó carón do Raquel C, non podía ter mellores testemuñas dos seus "primeiros pasos"



Esperamos que pronto esté en Combarro.

NOTA: Pódense ver máis fotos na sección "Barcos do Clube"




miércoles, 10 de noviembre de 2010

ENQUISA


Como sabedes a dorna de tope “A Reiboa” está a piques de sair dos estaleiros dos Irmáns Garrido de O Grove, xa quedan só os pequenos detalles como por o nome e o folio e queríamos consultar ós socios, e os non socios, sobre a tipografía na que rotulalos, así que vos propoñemos dúas opcións sobre as que podedes votar na enquisa que hai á dereita

Primeira opción NOVA OUTUBRO

   A REIBOA  7ª VI-1 00398

Segunda opción GALLAECIA

            A REIBOA        7ª VI-1   00398

 Gracias

jueves, 4 de noviembre de 2010

Calendario de achiques

Como sabedes os barcos co Clube e dos socios son atendidos de forma rotatoria polos propietarios e por outros socios que se prestan voluntarios a tal tarefa. O calendario para os próximos meses das quendas de achicado/valdeado de barcos é o que segue


Se alguén ten interese en colaborar nas tarefas de mantemento pode porse en contacto co clube