sábado, 22 de marzo de 2014

XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Candidatura

Na última asamblea xeral do Club, decidiuse presentar candidatura para a celebración do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no ano 2015. 





A motivación principal para que nos animásemos a presentar esta candidatura é que no ano 2015 cumpliranse 20 anos da Concentración de Embarcacións Tradicionais que organizamos en Combarro. A mellor forma de celebrar 20 anos de compromiso coa cultura marítima pareceunas que era traer a Combarro a maior concentración de embarcacións deste tipo que se celebra en toda España.


 A candidatura que presentamos ten como fío conductor a reinvindicación da chalana, a embarcación máis sinxela da nosa costa, ás veces esquecida en favor doutras máis emblemáticas como as dornas.
O proxecto presentado non esquece cuestións medioambientais, progamando acutacións de recuperación e posta en valor da Illa de Tambo.

Este é un proxecto que pretende así mesmo integrar a todolos sectores que viven o mar, tanto profesionalmente como os que non, demostrando que é o que nos une. A candidatura conta co respaldo unánime da corporación municipal de Poio, co apoio de todas as entidades que teñen concesións de lámina de auga no Porto de Combarro (Porto deportivo, Confrarías San Telmo e San Gregorio e AMECOMRA), así como da maioría de asociacións da cultura tradicional da Ría de Pontevedra e, por suposto, co total apoio e colaboración de asociacións culturais e veciñas do concello (Boureante, Armadiña, A Solaina,...)
Pero non somos a única candidatura,  a Asociación Gamela de Cabo de Cruz no concello de Boiro, presentou candidatura para este mesmo encontro, e será a asamblea xeral da FGCMF a que decida qué porto acollerá o XII Encontro.

O próximo día 29 en Cambados a Xunta Directiva do CM A Reiboa defenderá a candidatura de Combarro-Poio tentando convencer ás máis de 40 asociacións da FGCMF que a nosa é a mellor opción para o XII Encontro.

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario