martes, 21 de agosto de 2012

Programa da XVII Concentración de Embarcacións Tradicionais






VENRES 24 DE AGOSTO: 

 17:00 H-Arribada das embarcacións durante toda a tarde. 
 21:30 H-Apertura do comedor na carpa mariñeira. 


SÁBADO 25 DE AGOSTO: 

11:00 H-Navegación libre. 
14:00 H-Apertura do comedor na carpa mariñeira. 
16:30 H-Regata a remos de embarcación tradicionais. 
17:30 H-VII Regata da Pamplina. (Regata de embarcacións tradicionais a vela).
21:00 H-Recollida de premios das regatas, do cartel gañador e do socio de honra 2011. 
21:30 H-Apertura do comedor na carpa mariñeira. 


DOMINGO 26 DE AGOSTO: 

11.30 H-Navegación libre 
14:00 H-Apertura do comedor na carpa mariñeira. 
16:30 H-Clausura da concentración e despedida das embarcacións o longo da tarde.

Os que ainda non se inscribiran poden facelo mandando un correo ao enderezo do club cmreiboa@gmail.com


Cartel XVII Concentración de Embarcacíóns Tradicionais

Xa temos cartel da XVII Concentración de Embarcacións Tradicionais

Foi confeccionado co debuxo ganador do concurso infantil



Esperámosvos en Combarro os días 24, 25 e 26 de agosto

martes, 26 de junio de 2012

I CONCURSO INFANTIL DE CARTEIS

O Clube Mariño A Reiboa, coa colaboración do Concello de Poio, organiza un concurso infantil de carteis para a XVII Concentración de Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebra os días 24, 25 e 26 de agosto.
Poden participar rapaces entre 4 e 12 anos, a temática será o mar e as embarcacións tradicionais, os traballos en formato A4 pódense presentar no enderezo
CM Mariño A Reiboa - Avenida A Seca 17 - 36994 - Poio ou ben no correo cmreiboa@gmail.com


As bases pódense descargar dende este enlace







lunes, 4 de junio de 2012

Traballando no Luisa

Hoxe comenzamos coas labores de mantemento do Luisa.

Durante esta semana estaremos traballando no galeón todas as tardes a partir das seis.

Se alguén quere botar unha man o barco está no sitio habitual.

martes, 8 de mayo de 2012

Video e fotos da I Volta a Tambo

En Ponte.tv podemos ver unha reportaxe sobre a primeira volta a Tambo, é cortiño, pero merece a pena



As dornas volveron navegar pola ría en Ponte.tv

Neste outro enlace podedes atopar unha excelente colección de fotos
http://benitojuncal.blogspot.com.es/2012/05/i-volta-illa-de-tambo.html


No web de Desmarque atopamos outra boa colección de fotos desta I Volta a Tambo 
 http://www.desmarque.es/index.php?option=com_phocagallery&view=category&id=22:i-volta-a-tambo-rcmaguete-2012&Itemid=5






lunes, 30 de abril de 2012

I VOLTA A TAMBO

Unha novo evento abre a tempada das embarcacións tradicionais na Ría de Pontevedra.

A "I Volta a Tambo", organizada polo RCM de Aguete, AGABACE, o Grupo Cultural RONSEL e a Asociación de Pescadores Chirleu, celebrarase o próximo día 5 de maio



O CM A Reiboa estará representado na mesma polos barcos grandes do Clube.

Esperamos que esta convocatoria sexa todo un éxito.


martes, 20 de marzo de 2012

Calendario de Achiques 2012

Xa está listo o calendario de achiques para o 2012

Calendario achiques 2012

Teredelo sempre dispoñible para a consulta na barra de estribor