Os próximos 11, 12, 13 e 14 de xullo celébrase no Freixo - Outes (A Coruña) o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Com sempre o Clube Mariño A Reiboa estará presente. Nesta ocasión vanse desplazar os tres barcos do clube. A Boureante xa está no Freixo, levárona o luns os nosos amigos de Protección Civil de Poio
O galeón e a dorna de tope teñen previsto chegar o xoves 11 para a ingauración oficial do XI Encontro.
Podedes atopar toda a información no web do encontro http://www.culturamaritima.org/freixo2013/
Ou na páxina de facebook da organización http://www.facebook.com/freixo2013
Vémonos no Freixo
martes, 9 de julio de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
O Clube Mariño A Reiboa, coa colaboración do Concello de Poio,
organiza un concurso infantil de carteis para a XVIII Concentración de
Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebra os días 26,27 e 28 de xullo
Poden participar rapaces entre 4 e 12 anos, a temática será o mar e as embarcacións tradicionais, os traballos en formato A4 pódense presentar no enderezo
CM A Reiboa - Avenida A Seca 17 - 36994 - Poio ou ben no correo cmreiboa@gmail.com
As bases do concurso poden consultarse na seguinte ligazón

miércoles, 5 de junio de 2013
A Reiboa no carro
Este ano tócalle pasar polo carro á dorna de tope.
Dende hai uns días xa se está a traballar nela
O traballo, ás veces, require de posturas "delicadas"
Unha das melloras que recibe a dorna é este motor tan ben repasado, impresionante o traballo dos nosos mecánicos
Ao longo desta semana está programado traballar todos os días entre as 18:00 e as 21:00, o barco está no lugar habitual de traballo, se queres botar unha man toda axuda é ben recibida

domingo, 13 de enero de 2013
Vento Mareiro
Así se chama a exposición que dendo o 11 de xaneiro ao 10 de febreiro se pode ver no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía
Na exposición colabora a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e entre as embarcacións que se poden ver nesta exposición está a buceta Boureante.
Recortes de prensa facéndose eco da nova
Diario de Arousa
Faro de Vigo

jueves, 3 de enero de 2013
Calendario de Achiques 2013
O Calendario de achiques para o ano 2013 é o seguinte.
Calendario de achiques 2013
Como sempre estará publicado permanentemente nunha ligazón a estribor da pantalla
Como sempre estará publicado permanentemente nunha ligazón a estribor da pantalla
martes, 30 de octubre de 2012
Achégate á Vela Tradicional 2012-Fotos
Neste album podedes ver algunhas fotos da xornada Achégate á Vela Tradicional, celebrada o día 27 de outubro
Preme na foto par acceder ás imaxes
Preme na foto par acceder ás imaxes
viernes, 12 de octubre de 2012
Achégate á Vela Tradicional
Os días 27 e 28 de outubro vanse celebrar as xornadas Achégate á Vela Tradicional 2012. O Clube Mariño A Reiboa colabora cos cocellos de Poio e Pontevedra na realización das mesmas.
Mais información neste enlace
Mais información neste enlace
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)