jueves, 27 de junio de 2013

O Clube Mariño A Reiboa, coa colaboración do Concello de Poio, organiza un concurso infantil de carteis para a XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebra os días 26,27 e 28 de xullo
Poden participar rapaces entre 4 e 12 anos, a temática será o mar e as embarcacións tradicionais, os traballos en formato A4 pódense presentar no enderezo
CM A Reiboa - Avenida A Seca 17 - 36994 - Poio ou ben no correo cmreiboa@gmail.com


 As bases do concurso poden consultarse na seguinte ligazón

miércoles, 5 de junio de 2013

A Reiboa no carro

Este ano tócalle pasar polo carro á dorna de tope.

Dende hai uns días xa se está a traballar nela


O traballo, ás veces, require de posturas "delicadas"




Unha das melloras que recibe a dorna é este motor tan ben repasado, impresionante o traballo dos nosos mecánicos


Ao longo desta semana está programado traballar todos os días entre as 18:00 e as 21:00, o barco está no lugar habitual de traballo, se queres botar unha man toda axuda é ben recibida

domingo, 13 de enero de 2013

Vento Mareiro

Así se chama a exposición que dendo o 11 de xaneiro ao 10 de febreiro se pode ver no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía



Na exposición colabora a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e entre as embarcacións que se poden ver nesta exposición está a buceta Boureante.

Recortes de prensa facéndose eco da nova

 Diario de Arousa


 
Faro de Vigo

jueves, 3 de enero de 2013

Calendario de Achiques 2013

O Calendario de achiques para o ano 2013 é o seguinte.

Calendario de achiques 2013


Como sempre estará publicado permanentemente nunha ligazón a estribor da pantalla

martes, 30 de octubre de 2012

Achégate á Vela Tradicional 2012-Fotos

Neste album podedes ver algunhas fotos da xornada Achégate á Vela Tradicional, celebrada o día 27 de outubro


Preme na foto par acceder ás imaxes

viernes, 12 de octubre de 2012

Achégate á Vela Tradicional

Os días 27 e 28 de outubro vanse celebrar as xornadas Achégate á Vela Tradicional 2012. O Clube Mariño A Reiboa colabora cos cocellos de Poio e Pontevedra na realización das mesmas.



Mais información neste enlace

jueves, 6 de septiembre de 2012

O CM A Reiboa no programa Vivir Aquí da TVG

O pasado día 2 emitiuse na TVG o programa Vivir Aquí titulado "Soltanto Amarras". 
O CM A Reiboa aparece no mesmo, saimos a navegar na dorna de tope e no galeón e pódese ver o pantalán da Chousa. 
O progama gravouse a mediados de xullo e estaba prevista a súa emisión na semana previa á XVII Concentración de Embarcacións Tradicionais, foi unha mágoa o retraso na súa emisión, xa que tería sido un bo escaparate para difundir o evento