miércoles, 10 de noviembre de 2010

ENQUISA


Como sabedes a dorna de tope “A Reiboa” está a piques de sair dos estaleiros dos Irmáns Garrido de O Grove, xa quedan só os pequenos detalles como por o nome e o folio e queríamos consultar ós socios, e os non socios, sobre a tipografía na que rotulalos, así que vos propoñemos dúas opcións sobre as que podedes votar na enquisa que hai á dereita

Primeira opción NOVA OUTUBRO

   A REIBOA  7ª VI-1 00398

Segunda opción GALLAECIA

            A REIBOA        7ª VI-1   00398

 Gracias

jueves, 4 de noviembre de 2010

Calendario de achiques

Como sabedes os barcos co Clube e dos socios son atendidos de forma rotatoria polos propietarios e por outros socios que se prestan voluntarios a tal tarefa. O calendario para os próximos meses das quendas de achicado/valdeado de barcos é o que segue


Se alguén ten interese en colaborar nas tarefas de mantemento pode porse en contacto co clube

lunes, 25 de octubre de 2010

COMEZAN OS CURSOS

Hoxe comezan os cursos de PNB e PER organizados polo CM A Reiboa, ás clases serán os luns e mércores a partir das 20:30 na escola do Campo de Combarro

viernes, 15 de octubre de 2010

TRABALLOS NA DORNA DE TOPE

Como sabedes estase a rematar a dorna de tope "A Reiboa" nos estaleiros Garrido de O Grove.

Precisamos de un pouco de traballo de todos, así que se estableceron as seguintes datas para ir darlle o derradeiro empurrón


Mercores 20 de outubro (16:30)
Sábado 23 de outubro (10:00)
Mércores 27 de outubro (16:30)

Os que poidades botar unha man, contactade con Pepe ou no correo do clube.


REUNIÓN CURSOS

Comezan os cursos de PER, PNB e Patrón de Iate organizados polo Club A Reiboa

O luns día 18 ás 20:30, na escola do campo de Combarro, reunión de presentación dos cursos de patron, para explicar as condicións, horarios etc.

Os que estedes interesados non dubidedes en asistir á presentación

martes, 5 de octubre de 2010

CURSOS

O CM A Reiboa organiza cursos de Patrón de Navegación Básico, Patrón de Embarcacións de Lecer e Patrón de Iate.

Si estás interesado contacta no teléfono 679 99 61 62 ou no correo cmreiboa@gmail.com

O prazo de inscrición remata o 15 de outubro








jueves, 30 de septiembre de 2010

Comezamos

Este é o blog do Clube Mariño A Reiboa de Poio.

O novo equipo directivo do Clube tomou a decisión da súa creación para axilizalas comunicacións cos socios e ó tempo dar a coñecer a un público maior as acitividades que se veñen desenvolvendo.

De momento o simbolo de obrasestá por tódolos lados, pero pouco a pouco iremos dotando a este espacio dos contidos, novas, enlaces, imaxes, ...

Por suposto, serán benvidas todas as suxerencias

Apertas